Tuesday 07 de May de 2024

Ensaio de Bailadela na praza Pablo Neruda


Oito rapazas pertencentes á asociación Bailadela deleitáronos esta mañá cun ensaio musical na praza Pablo Neruda, xusto a carón do Concello.

As nenas interpretaron temas tradicionais, cantando e tocando a pandeireta, para deleite das numerosas persoas que non se quixeron perder esta proposta incardinada na programación do Xuño da Cultura e as Artes.

Xa o pasado mércores, Bailadela cativou co seu talento musical aos presentes na apertura da Sanxoandeirada 2016.